Os Entroidos en Verin
1900 - 1989
PRESENTACIÓN
Cando en novembro do pasado ano (1.989), presentabamos a exposición fotográfica " Verín, antaño y hogaño" e o libro "Verín de Antaño", faciámolo coa pretensión de comenzar unha dinámica de recuperación da identidade local.
Nesas coordenadas insértase "Entroidos en Verín: 1900-1989", exposición e libro co que pretendemos divulga-lo o pasado máis recente dunha manifestación cultural que ten no noso municipio unhas características peculiares.
Testemuña gráfico-periodística de noventa anos de carnavalada local, a iniciativa que hoxe se presenta ó público, realizouse gracias á colaboración de ducias de veciños que prestaron desinteresadamente ó Concello os seus recordos fotográficos, testemuñas escritas dos nosos corresponsais de prensa ó largo do presente século e opinións de algúns de aqueles que fixeron e fan Entroido en Verín.
A falla de estudios históricos, sociolóxicos e antropolóxicos sobre os anos que abarca "Os Enroidos en Verín", esta crónica, baseada en imaxe e comentarios, non pretende suplir esas carencias.
Esperando que suscite interese e debate sobre algo tan querido pola inmensa maioría dos verinenses, gracias a todos pola vosa colaboración, tanto ós que aportáchedes materiais e opinións como ós que compráde-la publicación, nesta obra solidaria de recuperación do pasado local.
Verín, febreiro de 1990
Santiago Cid Harguindey (Alcalde-Presidente do Ilm. Concello de Verín)