Síguenos na nosa canle de Facebook
A Asociación Cultural do Cigarrón de Verín naceu no ano 1997, tendo coma primeiro presidente a D. Alberto Prieto Prieto. No ano 2007 e despois de dez anos de un impecable e intachable traballo constituiuse unha nova xunta directiva.
Directiva actual da Asociación o Cigarrón:
- Juan Carlos Castro Salgado, Presidente. E-mail: ocigarron@gmail.com
- José M. Álvarez Manso, Vicepresidente.
- Estefanía Bahamonde López, Secretario.
- Modesto Meno Nieto , Tesoreiro.
- Vocais: Fco. Javier Castro Salgado, Aurelio Alvarez Vázquez, José Luís Costela Rodríguez, Manuel Rúa Rodríguez e Hugo Rodríguez Rivas.
Os fins da nosa asociación son os seguintes:
– Investigación, conservación, promoción, protección, fomento e desenrolo da figura do Cigarrón.
– Participar e promover todo tipo de actividades, charlas, conferencias, etc…
– Redactar e aprobar o patrón das características básicas que debe cumprir a figura do Cigarrón, e falicitar información a todas as persoas que desexen coñecelas.
– Participar, colaborar e promoción de todas aquelas tradicións locais, sobre todo as máis vencelladas ao Entroido, así coma a colaboración das nosas festas.
– Colaborar o museo do Entroido Galego.
– Participación en todo tipo de actos culturais.
Obxetivos:
A sete de abril do 2009 a Secretaría de Estado de Turismo, concedeu ao Entroido de Verín o título de Festa de Interese Turístico Nacional, grazas ás máis de vinte actuacións levadas a cabo en dous anos, entre outros lugares coma: Madrid, Pamplona, Alicante, Pontevedra, A Coruña, Lisboa.
A nosa intención é chegar a ser declarados Festa de Intese Turístico Internacional, para o que precisamos ter realizadas accións promocionais en cinco países. Ata agora xa levamos tres así que cada día quédanos menos.
Actividades:
– A maiores de toda a promoción do Cigarrón en distintos lugares (Máscara Ibérica, Feiras turísticas, etc…) colaboramos activamente no obradoiro do Cigarrón que ven realizando anualmente o Concello de Verín.
– Charlas e conferencias.
“CARTA DA DIRECTIVA”
Damos a benvida a tódolos visitantes do Entroido de Verín, co recoñecido prestixio pola súa antiguedade e pola vistosidade dos nosos Cigarróns. Esta nosa “Asociación Cultural O Cigarrón” de Verín naceu no ano 1997 fruto do fin común de realzar a figura do noso cigarrón e promocionar o valor do noso Entroido.
Dende a Xunta Directiva queremos agradecer a todos os que participan no Entroido como cigarróns, comparsas, chirigotas, charangas, mascaras e capuchóns os días de troula e festa popular en cada edición. A figura do cigarrón ten varios cometidos que moitos visitantes, nacionais e estranxeiros, precisan de coñecer. Ademais de por orden nos desfiles de carrozas do domingo e do martes de Entroido, encabezando os mesmos para retornar unha vez se chega a praza Maior, tamén se escolta a Raína do Entroido e Don Carnal durante o percorrido do Xoves de Comadres, dende a Casa do Escudo ata a praza Maior.
Estamos a elaborar os novos calendarios para futuros desfiles e saídas polas rúas da vila, nas datas previas o Entroido, comezando pola saída no día de San Antón, festa local de Verín o 17 de Xaneiro, o nos catro fins de semana anteriores a domingo de Entroido, desfilando en grupos reducidos e ordenados polas rúas, o carón dos pequenos e coa admiración dos grandes que reconforta a figura emblemática do Cigarrón. Faise unha costume moi antiga de desenrolar pequenos percorridos con parada polos bares da vila para tomar un refrixerio.
No domingo de Corredoiro, anterior o domingo de Entroido, celébrase o día grande dos cigarróns facendo un desfile exclusivo con saída dende a praza do Concello as 12h, guiados polos mais veteranos do grupo, e descorre pola avenida de Portugal, calle Luís Espada ata o cruceiro de San Lázaro, e regreso pola rúa Maior para facer unha parada na Igrexa Parroquial e anunciar na saída da misa os asistentes a chegada do Entroido. De igual forma faremos as 13h na igrexa da Merced, para rematar os desfiles polas rúas da vila na praza García Barbón, e un homenaxe a estatua do Cigarrón na rúa Viriato.
No sábado do Entroido pola tarde facemos o bautismo do Cigarrón, con un acto público na praza García Barbón ou na praza da Merced, según dispoñibilidade, vestindo a noveles cigarróns que se inician neste modelo de sentir e vivir o noso Entroido, facendo unha breve e detallada explicación da vestimenta, o seu significado e o seu sentimento popular.
A figura do Cigarrón hoxe en día ten como fin dar vistosidade e recrear costumes culturais moi antigas, e como tal deben ser respetados polo público que asiste as nosas festas, facilitándolles o paso polas rúas e deleitándonos co son dos chocallos que nos alertan da súa chegada.
A todos aqueles que veñan a coñecer o noso Entroido, serán ben recibidos por a nosa Asociación Cultural O Cigarrón e os seus achegados. Unha aperta e ata pronto.