As máscaras e os capuchons no Entroido de Verín.

mascaraamp

A orixe da careta remontase no tempo e perdese na mais remota antigüedade. Suponse que a súa invención debeuse a fins relixiosos. Dende o paleolítico o ser humano utilizou mascara con diversos materiais e que foron variando ao longo do tempo, pois confeccionaronse con madeira, palla, corteza, follas de maíz, teas, pel, cráneos, cartón piedra, papel maché, látex, plásticos e outros materiais. Utilizanse dous términos similares: careta e máscara. A careta é exclusivamente para cubrir o rostro, para disimular, rasgos da face; mentres que a máscara pode cubrir todo o corpo, e foron usadas nalgunhas culturas, e aínda hoxe se seguen utilizando con fins relixiosos.

Algúns achádegos arqueolóxicos mostraron que eran moi usadas en Exipto para perpetuar con elas os rostros dos mortos. Facíanse tratando de imitar da forma mais fielmente posible, o rostro do difunto, e colocábase xunto o ataude, pintandose da mesma maneira que este. Elaborabánse con cartón realizado con lenzo ou papiro, revestido con estuco -que co paso do tempo- endurecíase e presentaba total consistencia. Segundo a clase social a que pertencera o morto, podría chegar a revestirse cunha lámina de ouro. Non se lle horadaban nin os ollos nin a boca, e representabanse con incrustacións ou pinturas. Os estudos arqueolóxicos levados a cabos en tumbas fenicias, tamén demostraron que esta civilización practicaba a costume de utilizar máscaras funerarias. Rastros de máscaras tamén foron halladas en antiguas pinturas rupestres. Comenzou a evolucionar o uso da máscara, en Roma, cando a levaban actores nos cortexos fúnerarios, para que se recoñecera e se lembrase o rostro do defunto.

mascaritas

Rápidamente adoptouse o seu uso nas festas saturnais en Roma, e comenzaronse a usar con carácter festivo, dando orixe a utilización no que hoxe é o noso Entroido. Con ditas máscaras comenzaronse a realizar esceas burlescas dos ritos sagrados. Foron evolucionando e cambiando os seus usos, ata a actualidade, na que é frecuente, soamente nas carnestolendas.

As mascaras actuais, producto da fantasía, a imaxinación e a creatividade forman parte dos Entroidos de todo o mundo, e das festas de disfraces que estos traen parellos. A par de este uso, que continuou ata o nosos dias, a macara ou careta -ademais de ser común nas celebracións cristianas medievais- tivo outro uso, na Idade Media, cando as levaban de metal, os cabaleiros medievais para protexerse nas súas loitas e nalgúns casos se lles agregaban muecas faciais para demostrar o caracter de quen as portaba.
Segundo as diferentes culturas, estos símbolos foron variando nas súas formas, tamaños, decoración, características, realismo ou abstracción, algunhas usadas para cubrir todo o corpo, e outras máis diminutas. Moitos pobos primitivos usaron máscaras e caretas para realizar os seus rituais, e éstas representaban deidades, seres mitolóxicas ou espiritus malignos, ou a Deus e o Demo; en cada caso con significados ceremoniais distintos. Se a máscara usada era de animais, podía simbolizar o rogo para asegurar o éxito da caza. Asemesmo, tamén hai culturas que utilizaban máscaras para alexar pestes e enfermidades.
Hoxe en día, co seu uso xa popularizado, no noso Entroido verinense o uso da careta ou máscara é unha característica máis que o definen xunto co uso da fariña e do capuchón e que tan significativo o fan.
Na nosa vila hai un respeto riguroso por aqueles que manteñen a cara tapada ou van disfrazados, ese é o primeiro mandamento do noso Entroido, polo que a unha máscara con todos os respetos, nunca pode ser obxecto de burla por parte de aqueles que non van tapados, nin se lle pode manchar coa fariña.

O Capuchón.

capuchon

As primeiras constancias que temos do uso deste disfraz, remontanse na nosa vila ao ano 1914, “O Recreo de Artesanos” era o que celebraba o baile máis popular da vila, pois a el acudían as modistiñas e costureiras da vila en abundancia. Entre os moitos disfraces destacaban xa os asequibles e típicos “CAPUCHÓNS”.

Unha especie de sotana, negra ou de cor estampada que cobre a cabeza cunha carapucha, mentres a faciana se cobre cun antiface, careta ou máscara. É empregado indistintamente por nenos/as, mozos/as e adultos/as e o obxectivo é interrogar a coñecidos sobre a súa propia identidade. Segundo sinala Federico Cocho no seu traballo O Carnaval en Galicia, “o capuchón permite mirar de fronte a quen nunca se atreveu, ignorar o saúdo de compromiso que tanto nos custa, botar un baile con aquela moza apetecida sen se por rubio, gastar bromas ós solemnes da vila, ir doutra maneira. Ser simplemente un capuchón, sen nome, apelidos, idade, sexo ou condición social”.