Dentro desta web sería imperdoable que non se lle rendise tributo a D. Francisco Añel (Xastre de Castro de Laza).

francisco-añel
D. Francisco Añel (Xastre de Castro de Laza)

<<D. Francisco Añel, xastre de profesión, asumiu o reto (de motu proprio) de proporcionarlle ao traxe do Cigarrón – Peliqueiro unhas bases que non tiña, procurou telas e accesorios nas mellores mercerías de Madrid, deseñou e fabricou ferramentas expecíficas, procedementos que melloraban o resultado final e así mesmo foi quen de regalar os seus patróns, fundamentais para cortar o traxe, a calquera que quixo aprender canda el. Asesorou aos veciños e colectivos de distintas zoas das técnicas de xastrería para á confección dos mesmos.>>, Miguel Losada, Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA): “Actas da II Xornadas sobre o Entroido de Galiza”, editorial SAGA, ISBN. 2341-0019.

<<O Xastre de Castro, foi un creador, un pioneiro e transformador da imaxe do peliqueiro-cigarrón, repectando sempre a súa esencia. Foi tamén un creador de opinión ao respecto desta figura senlleira da cultura de Galicia. A súa memoria é patrimonio de todos os galegos, un capital comunal que compre destacar e ampliar seguindo o camiño que o señor Añel deixou marcado para quen queira seguilo>> Miguel Losada, Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA): “Actas da II Xornadas sobre o Entroido de Galiza”, editorial SAGA, ISBN. 2341-0019.

francisco-añelO Xastre de Castro, D. Francisco Añel, non foi consciente, coma outros grandes artistas, do gran valor da súa obra, da súa infinita xenerosidade e do seu bo facer que permitiu que perviva hoxe o noso traxe do Cigarrón.

Deste xeito dende a nosa web, queremos agradecerlle todo o seu traballo, inxenio, creatividade, e todo o seu bo facer, alá onde se atope…

Moitas grazas!!!