O CEIP Plurilingüe das Vendas da Barreira deseña o Cartel Oficial “Desfile Infantil” do Entroido 2023 de Verín

O CEIP Plurilingüe das Vendas da Barreira deseña o cartel oficial que representará o vindeiro ‘Desfile Infantil’ do Entroido 2023, que percorre durante a mañá do Xoves de Comadres as rúas e prazas de Verín.

Nesta ocasión, do mesmo xeito que nas anteriores edicións, os representantes dos centros educativos que participan no desfile decidiron, por unanimidade, que o deseño debía ser realizado polo colexio responsable da apertura do desfile,  nesta ocasión, o CEIP Plurilingüe das Vendas da Barreira.


Tras elaborar este centro tres carteis, representantes dos CEIPS Castrelo do Val, Vilardevós, Princesa de España, Oímbra, Amaro Refojo, Medeiros, Vendas da Barreira e Augusto Assia (A Mezquita); Gardería A Mezquita, Pai de Riós, CPR María Inmaculada, Casas niño Albarellos, Cualedro, Castrelo do Val, Vilardevós, Pepín e Vilaza, CRA Monterrei, CPA Mercedarios e os IES García Barbón e Taboada Chivite, seleccionaron mediante votación o cartel de esta edición.

O centro educativo recibirá un vale de 400 euros para material escolar e deportivo, a adquirir en establecementos do concello de Verín.

Post a comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.