O Entroido de Verín recupera todo o seu esplendor con máis de 100 horas de música en directo e unha completa programación para todas as idades

Este ano estará dispoñible una nova app oficial do Entroido na que se poderá coñecer a ubicación de todas as charangas e desfiles en tempo real.

Esta mañá, a concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza, presentou no Salón de Actos da Casa da Cultura a programación oficial do Entroido 2023, que este ano recupera todo o seu esplendor con máis de 100 horas de música en directo e unha programación concibida para o desfrute de todos os públicos.

Un total de dezaseis actuacións de música itinerante, once orquestras e cinco disco móbiles marcarán o ritmo do entroido de Verín, que comeza o día 9 co xoves de  compadres e termina o 21 de febreiro co martes de entroido. Así o confirmou Emilia Somoza quen destacou que «este ano, por fin podemos dicir que volve o noso Entroido con toda a súa pura esencia. Agora sí, este é o momento de que   desfrutemos de novo, sen ningún tipo de restrición organizativa, do que consideramos que e a identidade propia da nosa celebración: o entroido popular na rúa».

Somoza anunciou tamén que nesta edición poténciase a programación infantil axendada para o luns de entroido. «Contaremos cunha tarde repleta de talleres temáticos de Entroido, multitude de xogos populares e un gran concerto familiar da man de agrupación “Uxía Lambona e a Banda Molona”. Todas estas actividades estarán situadas este ano na Praza da Mercé, creando así un escenario alternativo ideal para un público máis familiar», destacou Somoza.

Por outra banda, recupéranse nesta edición todos os desfiles do Entroido, destacando un cambio importante no que ten que ver co percorrido da xuntanza de cigarróns o día de Corredoiro; que nesta ocasión sairán desde a avenida de Castela e percorrendo a rúa Luís Espada ata ou cruzamento coa rúa Lisa; e finalizando na Praza García Barbón.

Lanzamento da nova App oficial do Entroido de Verín

Tamén, como importante novidade, o Concello de Verín anunciou o lanzamento dunha nova app, dispoñible para dispositivos Apple e Android, coa que veciños e visitantes poderán acceder a toda a información relevante destas tradicionais festas reunida dixitalmente dunha forma intuitiva e dinámica. 

Na mesma, ademais de atopar todo tipo de información de interese como a programación, historia, unha exposición virtual de carteis, galerías fotográficas ou un completo mapa con todo tipo de puntos de interese (como restaurantes, hoteis ou zonas de aparcamento libre…), poderemos coñecer en tempo real a localización de todas as charangas e desfiles a través dun sistema de localización por gps.

Cartaz ano 2023

Programación Entroido de Verín


XOVES DE COMPADRES (9 de febreiro)

00:00 h: Os “compadres” percorrerán as rúas Montemaior (saída), Praza García Barbón,  Cruz, Praza da Mercé, Laureano Peláez, Irmáns Moreno, Deputación, Luís Espada, Lisa e Praza García Barbón, ataviados cos seus característicos chapeus, bigotes e gabardinas,  onde celebrarán o xuízo e a queima do Maragato. 

Charangas: 

00:00 h : Los Támega e a Banda de Gaitas do Concello de Verín .

Praza García Barbón 1:00 h: Festa na Praza García Barbón con Disco Móbil Enjoy.


DOMINGO DE CORREDOIRO (12 de febreiro)

11:30 h: Popular concentración de Cigarróns con saída desde a Avenida de Castela. Os Fregueses/as serán recibidos á saída das igrexas RR.PP Mercedarios e Parroquial polos cigarróns.

Praza García Barbón

12:30 h: Disco Móbil A Gramola

13:30 h: Pregón na Praza García Barbón

19:00 a 22:00 hOrquestra Trebol 

Praza da Mercé

17:30 h: PanSenFron

Charangas  

11:30 a 13:30 h: Los Támega, Noroeste, Abobriga

17:00 a 20:00 h: Abobliga e Noroeste


XOVES DE COMADRES (16 de febreiro)

11:45 h: Desfile Infantil de Entroido. Participan todos os centros de ensinanza da comarca de Verín.

Recorrido: Desde o entroncamento de Canella Cega coa rúa Cabreiroá, rúas Deputación, Luís Espada e Lisa, para finalizar na Praza García Barbón. 

Cruceiro do Castelo de Monterrei (camiño real)

00:00 h: Descenso da comitiva polo camiño real, encabezada por Don Carnal.

Barrio de San Lázaro (Casa do Escudo)

00:30 h: A Raíña recibirá a comitiva e dirixiranse a Praza García Barbón para dar a benvida ás longas noites de festa no Entroido de Verín. 

Animación a cargo das Disco Móbiles Enjoy e A Gramola.

Praza García Barbón

1:00 a 4:00 h: Orquestra Marbella.

Charangas

11:30 a 13:30 h: Los Támega, Tattoo, Vakapinta, Mil9, Nova Trives.

21:00 a 1:00 h: Mil9, Nova Trives e Tattoo, Los Támega.


VENRES DE COMPADREO (17 de febreiro)

Rúas de Verín

19:00 h: Desde o barrio de San Lázaro sairán dous carros do compadreo cara á rúa Irmáns Moreno, lugar no que os entroideiros degustarán viño e o tradicional porco ao espeto. 

Música da carrada: Festicultores Troupe.

Rúa Irmáns Moreno

20:00 h: Disco Móbil Space

Praza García Barbón

00:30h a 3:30 h: Grupo Claxxon

Charangas

11:30 a 13:30 h: Big Band

19:00 a 22:00 h: Europa


SÁBADO DE ENTROIDO (18 de febreiro)

11:30 a 13:30h: As charangas Vakapinta e Terras do Bibei percorrerán as rúas.

Praza da Mercé

17:00 h O “Bautizo do Cigarrón”, momento solemne e esperado polos novos cigarróns no que serán investidos. 

18:00 h: Baile de Capuchóns e Mascaritas amenizado pola Disco Móbil Son de la Nuit.

Rúas de Verín

17:00 a 22:00 h: Circuíto de charangas. Big Band, Terras do Bibei, Vakapinta e Los Támega  levarán a música polas rúas de Verín. (Consultar APP oficial Entroido de Verín).

Praza García Barbón

19:00 a 20:30 h: Fania Blanco Show

20:30 a 22:00 h: La Oca

00:30 a 02:00 h: Fania Blanco Show

02:00 a 03:30 h: La Oca


DOMINGO DE ENTROIDO (19 de febreiro)

12:00 h: Gran desfile matinal ofrecendo aos asistentes un espectáculo cheo de *música, cor, orixinalidade e humor que se prolongara ate a hora de xantar.

Praza García Barbón

19:00 a 20:30 h: Miramar

20:30 a 22:00 h: Finisterre

00:30 a 02:00 h: Miramar

02:00 a 03:30 h: Finisterre

Charangas

12:00 a 13:30 h: Los Támega, Noroeste, Tattoo, Vakapinta, BB+, Nova Trives (*Desfile).17:00 a 22:00 h: Tattoo, Vakapinta, Noroeste Nova Trives.


LUNS DE ENTROIDO (20 de febreiro)

Praza da Mercé

Entroido Infantil

17:00 a 19:30 h: Obradoiros de entroido e xogos tradicionais

19:30 h: Uxía Lambona e a banda molona.

Centro da Terceira  Idade da Alameda.

Baile de entroido coa Charanga Noroeste

Praza García Barbón

17:00 a 20:30 h: Disco Móbil Mono

20:30 a 22:00 h: JB Son

00:30 a 02:30 h: JB Son

Charangas

11:30 a 13:30h: Noroeste e Jalácticos

17:00 a 20:00h: Noroeste e Jalácticos


MARTES DE ENTROIDO (21 de febreiro)

Rúas de Verín

16:30 horas: o derradeiro desfile repleto de máscaras, disfraces e grandes doses de humor. 

Praza García Barbón

19:00 a 20:30 h: Salsarena

20:30 a 22:00 h: Players

00:30 a 2:00 h:  Salsarena

2:00 a 3:30 h: Players

Charangas

11:30 a 13:30 h – Tattoo e Mil 9

16:00 (Desfile)Los Támega, Noroeste, Tattoo, BB+ e Mil9