Bautizo do Cigarrón (Tarde do sábado de Entroido)

Bautizo do Cigarrón (Tarde do sábado de Entroido)

Ás 17 horas, sairán desde a praza do Concello a confraría do Cigarrón cara a praza da Mercé pola rúa Laureano Peláez. Na propia praza da Mercé celebrarase o emblemático “Bautizo do Cigarrón”, un acto solemne e onde serán investidos, por primeira vez, varios cigarróns.
A continuación, estes novos cigarróns investidos presidirán unha marcha cara a praza do Cigarrón, onde se lle realizará unha homenaxe aos cigarróns que por calquera motivo non poden saír e deleitarnos co son das chocas.

+ info do programa

Non esquezas as recomendacións de seguridade, son días de pasalo ben!!!