O Entroido de Verín, ten unha web oficial e específica desta temática, coordinada por o Departamento da Biblioteca Pública Municipal – Cidades Dixitais do Concello de Verín, dende o ano 2002, cando moitos concellos non tiñan unha web propia.
Moita xente colaborou desinteresadamente durante este tempo, sobre todo os primeiros anos nos que non contábamos con material gráfico suficiente e tivemos que crealo, ahí estiveron D. Basilio Guerra Justo e Manolo “Sanfer” de Fotografías Sanfer, para eles vai este agradecemento. Agradecer a Olga Rivera que nos deixou reproducir moitos carteis antigos e pegatinas. Agradecer os escritores que colaboraron na súa realización e permitíronos usar os contidos das súas obras (Xerardo Dasairas, José Rodríguez Cruz, Miguel Losada, entre outros…), agradecer a Manu Correa por crear unha canle de youtube onde irá subindo vídeos propios, agradecer a Michael Granja e Leonardo Vidal, por deixarnos utilizar os seus cadros na web.
O sitio web “www.carnavaldeverin.com” está diseñado para ser visto cos navegadores máis comúns (Internet Explorer , Mozilla Firefox , Google Chrome) con unha resolución de pantalla de 1024×764 píxeles ou superior. Tamén versión dispoñible diseñada para dispositivos móbiles.
Para acceder os arquivos PDF podense usar os plugins incluídos nos navegadores máis comúns, ou instalar un programa lector como Adobe Reader ou similares.
Todos os artigos, textos e imaxes que están na web son propiedade do Ilmo. Concello de Verín ou foi solicitada a sua autorización para utilizalos. Todos eles están baixo a lei de Propiedade Intelectual.
Queda prohibida a sua reprodución sin o permiso do Ilmo. Concello de Verín.
Así mesmo si algunha persoa aparece nesta web, e non o desexara, debe poñerse en contacto coa Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín – Avda. Portugal, 11, 32600 Verín (Ourense) – 988.41.36.24 – biblioteca@verin.net – ou ben no Telf. do Concello de Verín 988.41.00.00/01, e inmediatamente será retirada a sua fotografía.
2016 Todos os dereitos reservados.