CHAMAMENTO DO BANDO DO ENTROIDO:
“PARA QUE NON XOGUES NO OUTRO BANDO”
¡A todos e a todas que queiran escoitar!
Tendo superado o noso entroido no siglo pasado nos rigores totalitarios de varias décadas de dictaduras, sin que perderamos o máis divertido, imaxinativo e peculiar de esta tradición festiva tan nosa, e siendo Verin cada vez máis , un lugar de encontro para as persoas que queren facer festa e que en algúns casos descoñecen o que tenemos de peculiar , os do ” bando del entroido ” queremos lembrar:
SOBRE A MÁSCARA:
O respeto estricto por os que manteñen a cara tapada ou van disfrazados e o primer mandamiento do noso entroido. Houbo en Verin persoas célebres por os seus disfraces co rostro destapado (o pescadilla p. e.), e outros non menos célebres e aínda vivos, como pode ser a raiña do entroido, que ata que a xubilamos coronándoa, mantivo a tradición do xogo da máscara co rostro cuberto.
As dictaduras que padecemos en el s. XX impediron durante varias décadas andar polas ruas e prazas escondendo os rostros neses días. Verín foi unha das primeriras vilas donde se ten constancia que a lei foi ignorada. Non queremos que agora, nunha festa de conmemoración de liberdades, como e o noso “entroido”, a dictadura da ignorancia, dificulte o impida que disfrutemos enmascarándonos. Deixade que nos divirtamos como sempre fixemos, respetándonos. Os nosos cigarrons, as nosas máscaras, os nosos capuchons, son a nosa encarnación do espiritu sempre vivo do entroido. O descoñecemento desto nunca foi bo.
SOBRE A FARIÑA E O TALCO
As dictaduras de Primo de Rivera e de Franco prohiberon a fariña en ruas e prazas. A fariña, tizós e talcos, sempre foro aplauddido no noso entroido, como sinónimos de xogo participativo e liberador, estando sempre con nos e entre nos. Que botaran fariña no rostro sempre foi bien recibido por aqueles que se querían integrar na festa. O respeto absoluto a ropa dos disfrazados e o segundo mandamento do noso entroido. O descoñecemento desto nunca foi bo para a festa; ca chegada da democracia, aprendices de escaiolista que se crían” fareleiros” rebentaron algunha concentración de máscaras en algún entroido na década dos setenta. Tirar talco ou fariña a paladas, botala anque fora coas mans, sobre os disfraces; confundir as meixelas e o cabelo, coa boca, os ollos e o nariz, sempre foi una demostración de ignorancia e de non saber “enfarelar”.
USO E ABUSO DOS PETARDOS
O petardo foi pregoneiro tradicional desta festa en Verín, ” xa ven o entroido”, respondian os nosos veciños as súas explosions, conmemorando o anuncio . O uso con outros fins que no sexan eses ou os de manifestar a través de seu barullo a alegría colectiva en nada beneficia a festa. Cando petardeiros ignorantes non respetan as persoas ou os bens públicos ou privados, están atentando contra as nosas liberdades e por tanto contra o Entroido, que e a manifestacion plurar das liberdades individuais e colestivas e sendo ou non conscentes, autoexclúense da festa. O petardo como calquer explosivo pirotécnico, conten un peligro en si mesmo; sendo o seu manexo unha responsabilidade individual e persoal de quen os usa. Ese perigro, por desgraza también pode afectar os demáis. Sobre todo cando algún quedou fustrado por non traballar coma ” dinamiteiro ” na autovía Rías Baixas ou nos accesos a Galicia, o que confunde fogos sen cana con petardos, quiere ir de ” fogueteiro ” aficionado pretendendo converter espazos públicos en campos de prácticas para a sua profesión fallida, ignorando éstes que acá no aportan nada con eso, por que temos profesional neste sector, premiados nos mellores certámes hispanos e internacionais.