No Entroido de Verín cada día é unha sorpresa, é algo diferente, con un significado. Por este motivo, neste apartado tratamos de dar unha explicación a cada día.


17 DE XANEIRO “FESTA DO CHOURIZO EN SAN ANTÓN DE ÁBEDES”

san_anton13_2004amp

O 17 de Xaneiro celébrase a romaría de San Antón, mais coñecida como Festa do Chourizo. Nela, os romeiros vanse esparexendo e collendo sitio polo monte, arredor da capela, con fardelos de comida (chourizo,costela de porco, empanada…) e de viño.

A romaría do San Antón atópase entre a mitoloxía ancestral e a relixiosidade popular. Esta trata da típica ofrenda ao protector benefactor, no pasado unha divinidade ou forza da natureza, agora o santo Antón.
Fai aparición, por primeira vez, o Cigarrón, cara a tardiña, que látego en man e sorriso cínico plasmado na súa careta, anuncia a proximidade do Entroido.

XOVES DE COMPADRES

compadres20_ano2003É o primeiro día do Entroido e a primeira noite de mascarada colectiva.
Antigamente as mozas facían os compadres ou bonecos que imitan a figura dun home, pendurándoos en lugar visible ou percurando aldraxalos e ata queimalos, sempre coa oposición dos mozos que trataban de evitalo.
É noite de homes, aínda que co paso dos anos son mais as mulleres que tamén se animan esta noite, cambiando o seu rol e disfrazandose coma se homes fosen.

Despois dunha boa cea en calquera dos restaurantes da vila,a medianoite tódalas pandillas de homes percorren as rúas da vila en compaña das charangas e do “carro do Meco” para chegar a Praza Maior e xulgar “o Maragato”.

DOMINGO CORREDOIRO

domingo_corredoiroComenzase propiamente a “corre-lo Entroido”, xa qua e primeiras horas da mañá hai unha descarga de foguetería e as principais rúas da vila, enchense de algarabío e sonido coa música das charangas.
Celébrase a primeira concentración matinal de cigarróns, que farán a súa aparición para saúdar a todolos veciños a saída da misa.
A tarde-noitiña celebrase na Praza Maior de Verin o primeiro baile de máscaras vespertino o son das orquestras e ten lugar a primeira fariñada, ingrediente indiscutiblemente entroideiro.

XOVES DE COMADRES

¡¡CHEGOU O ENTROIDO!!!! Miles de mulleres disfrazadas participan o Xoves de Comadres en ceas colectivas, enchendo tódolos restaurantes da vila, e pobre do home que estea fóra da casa antes da medianoite…..

comadres_2007ampA esta hora toda esta multitude vaise xuntando nas rúas facendo a procesión da vela e das sabas brancas para recibir ao Entroido e a Raíña do Carnaval no Barrio de San Lázaro, facendo a súa entrada pola calzada medieval que baixa dende o Castelo de Monterrei, escoltados polos cigarróns, para levalos en comitiva percorrendo as rúas do casco vello ata o balcón da raíña do Entroido. Alí escoitaremos o pregón, relato que de xeito satírico, grotesco e burlón, ridiculiza todolos sucesos acontecidos ao longo do ano na vila.
Tras esta cerimonia soamente queda seguir de xolda até altas horas da madrugada.

VENRES DE ENTROIDO COMPADREO e COMADREO

Día no que os veciños e visitantes participan xuntos na festa, amenizados por charangas e orquestras.

Procesión polas principais rúas da vila de capuchóns e mascaritas

SÁBADO DE ENTROIDO

sabado_entroidoampUnha descarga de foguetes e bombas, e alboradas coas charangas espertan a todos os veciños.

Pola tarde, na “Praza do Cigarrón”, e organizado pola Asociación do Cigarrón, acto solemne no que tres novos cigarróns serán vestidos, con todas as honras en presenza de toda a xente que queira acompañalos nese día tan especial.
Sabado de Entroido

Asiste o acto a Raíña do Entroido e o Entroideiro Maior.

Hai tamén degustación gratuitos de productos típicos como a bica e o licor café, amenizado dito acto con diversas charangas.
A noitiña, ata altas horas da madrugada, baile popular.

DOMINGO DE ENTROIDO

desfile_2007ampO día grande do Entroido e de maior intensidade.
A primeiras horas da mañá volven a ser protagonistas as bombas e as charangas, pero que xa non espertarán a tantos veciños, posto que serán moitos, mozos e mozas, e non tan mozos/as os que estean esperando despois dunha longa noite de alegría e diversión a chegada do desfile de comparsas e carrozas, que se concentran no Barrio de San Roque ata a súa saída.

As doce do mediodía comenza o Gran Desfile de Carrozas, Comparsas, Máscaras e Cigarróns, amenizado pola Banda de Gaitas do Concello de Verin, e das charangas, que percorrerán as rúas da vila, abarrotadas de xente, enchendoas de vida, de cores, de alegría, de música, de diversión e despreocupación, sendo numerosa a multitude de persoas, entre máscaras participantes e espectadores que terminan por aglutinarse na Praza García Barbón ao remate dese desfile popular.
Dende a tarde ata a noitiña, diversas orquestras e charangas amenizarán tanto aos veciños coma os visitantes e a partires de media noite verbena popular.

LUNS DE ENTROIDO 

luns_FARELEIROampPola mañá, o son dun foguete para darlle unha tregua a quen dorme e a vez avisar aos e ás superviventes de que a música volve a soar polas rúas coas charangas.

Pola tarde terá lugar un Entroido infantil no pavillón de deportes, con xogos e música. Así mesmo unha charanga amenizará o baile na terceira idade.

Na tardiña reparto de bica e empanada e todos tornamos ao baile co son da música da orquesta.

 

MARTES DE ENTROIDO

desfile_martes2005ampÉ o derradeiro día da gran xolda popular.
Bombas e foguetes arrincan pola mañá coa mesma intensidade como anunciaron a chegada do Entroido.

Despois de xantar as rúas voltan a encherse de xente para revivir o domingo do Entroido, cunha repetida concentración e Desfile de Carrozas, Comparsas, Máscaras e Cigarróns, amenizado unha vez máis pola Banda de Gaitas do Concello de Verin, e das charangas.
Conclúen este día os bailes e verbenas populares, e a xolda nocturna dase por finalizada para moitos/as ao amencer do día seguinte.
¡¡¡ ATA O ANO QUE VEN, ENTROIDO!!!

MÉRCORES DE CINSA

Festivo local, para que a xente descanse -pouco máis hai que dicir…-

“Enterro da Sardiña”: Dende os anos trinta e no Mércores de Cinsa, veuse celebrando en Verin o Enterro da Sardiña. Veu sustituir en vilas e cidades ós ceremoniais de despedida do Entroido representados polos sermóns, testamentos e queimas dando ademáis unha nota anticlerical propia das épocas en que tivo o seu máximo esplendor.
O serán do Mércores de Cinsa, reuníanse na Praza Maior unha manchea de xentes ataviadas adrede para un enterro, lanzando prantos e berros lastimeiros pola morte do Entroido, simbolizado nunha sardiña unhas veces e outras nun pelele ou nun home tumabado nunhas andas. Con fachóns acesos daba comenzo o enterro que percorría as rúas da vila entre cantos e recitados en alta voz alusivos ao personaxe morto, e acompañamento de letanías ridiculizantes. Os oficiantes vestían e imitaban aos que saían nos enterros eclesiásticos, levando as veces tan lonxe a burla, que a forza pública tiñan que intervir para rematar co escarnio que tal espectáculo producía nas xentes relixiosas da vila. Dende a Praza e por distintas rúas dirixíase a comitiva cara a ponte do Támega dende a que, entre aies e choros, se botaba o contido do cadaleito ó rio.
Como propio deste día conservouse ó longo do Entroido verinense dos últimos anos un resto dunha destas cantigas que ainda se repite con insistencia pasando a ser case coma un himno oficial destes días:

Ay, yo la vi, yo la vi, yo la vi:
como era de noche no la conoci
en el culo te pinto un loro
te pinto un loro, te pinto un loro;
En el culo te pinto un loro,
te pinto un loro,
Kirie Leisón.

Taboada Chivite tamén reproduce nun traballo sobre o tema algunhas das letanias propias deste dia:

Chorai nenas da vila
chorai, chorai, chorai
que o Carnaval xa se foi
e témolo que enterrar

Ou aquela tan popular de:

Ehi vai, ehi vai
ehi vai o Carnaval
tan bonito como era
e que pronto se nos vai

Nos tres elementos básicos que compoñen esta festa: Enterro, sermóns e lanzamento á auga, tentaron de buscarse semellanzas con actos doutras festas de máis raigaña no noso pobo. O lanzamento á auga compárase coa desaparición / queima dos entroidos rurais, os sermóns cos testamentos que preceden á despaparición do Entroido e o enterro vese máis coma unha farsa anticlerical propia de èpocas de exacerbado liberalismo e licencia de costumes ó dicir dalgúns.
O Enterro da Sardiña perdurou ata os nosos días, misturándose con rituais e costumes propios do noso Entroido.

DOMINGO DE PIÑATA

Pecha este domingo a semana grande da festa cun xantar colectivo.
Faise entrega ao remate deste xantar do “premio Pescadilla”, cedido pola Comisión do Entroido, e entregado a mans da súa viúva, a aquela comparsa que máis abraiados deixase os veciños durante o Desfile do domingo do Entroido.
Este premio é unha lembranza ao “Pescadilla”, ao seu papel case imprescindible nesta festa. Falar del e da súa dona, parella inseparable no traballo e na xolda é falar tamén de Entroido. As súas parodias, a súa chispa, o seu bo humor e na súa lareira, sempre aberta a moitos nestas datas de Entroido, argalláronse moitas das máis grandes estrolas que se correron en Verín e que fixeron historia.

Pola tarde hai baile popular amenizado por unha orquestra.